2017

2017
De punta en branco

Continúa a andaina

- Vamos camiño de cumplir oito anos dende o comezo oficial da nosa andaina musical. Pouco a pouco imos avanzando cara adiante (as veces tropezamos e damos algún pasiño cara atrás, pero rápido tratamos de recuperar o camiño) con moitas ganas de ter un futuro máis que prometedor, polo cal loitamos duramente. Somentes voltamos a vista atrás para lembrar os nosos inicios e a aqueles que nos axudaron e apoiaron para chegar ata aquí.
   Tratamos tamén de solventar os impedimentos que nos van aparecendo ou que nos van pondo polo camiño, que nos entorpecen o paso pero que tamén nos fan coller experiencia e ser máis fortes nestas lides.
- Agora estamos no momento de recoller os froitos semeados, de seguir ensaiando duramente para preparar un variado repertorio, e de preparar as actuacións ás que xa estamos convitados.

- Gustaríanos que o número de compoñentes da coral fora medrando moito máis, pero ata nisto se nota a crise... Gustaríanos ser moitos máis, pero... Desexaríamos ter máis xente nova, pois ca súa voz danlle dulzura a nosa música, e xente maior tamén, pois da súa experiencia tamén se aprende. A nosa meta é achegarnos as desexadas 40 voces mixtas o antes posible. Podedes axudarnos a conseguilo. Animádevos.

- Estar nas listas da Excelentísima Deputación de Pontevedra vai dando os seus froitos. Xa participamos no 3º e no 5º Festival de Coráis e no 1º Festival de Habaneras, todos eles organizados pola Deputación de Pontevedra, así coma en diferentes intercambios coráis, misas e concertos por toda a contorna.
- As chamadas de diferentes lugares para facer concertos e misas non paran de chegar. Alá a onde imos recibimos ánimos e boas críticas, quizáis sexa por simple compromiso ou quizáis porque en verdade estamos a facer unha boa labor. Sexa polo que fora, moitas grazas a todos. Seguiremos traballando arreo porque "non se pode perder o xa gañado".

- E, qué dicirvos a vós, ós que nos seguides, ós que nos escoitades... Acompañádesnos sempre as nosas actuacións, ben sexa na casa ou ben sexa máis lonxe. Sabedes ben por donde andamos de semana (e referímonos os ensaios). Vinde visitarnos, vinde os nosos ensaios, as portas sempre estarán abertas e máis, incluso, se vos gusta cantar e desexades quedar con nós. Se o final xa sabedes todas as nosas cancións...

GRAZAS A TODOS.